Audioguías e radioguías

Audioguías

Dispositivos sen fíos que permiten escoitar explicacións pregravadas. O seu uso é opcional e individual.

Contido dispoñible na Colección en español, inglés, francés, italiano, alemán, ruso e coreano. Non inclúe exposicións temporais.

Xeral4,50 €
Estudante3,50 €
Amigos Museo Reina Sofía2,50 €

Radioguías

O sistema de guiado de grupos (radioguías) é obrigatorio para grupos constituídos por visitantes maiores de 12 anos que vaian recibir explicacións en salas. Estes dispositivos sen fíos permiten escoitar as explicacións do guía ou do profesor sen interferencias e sen necesidade de subir o ton de voz. Non inclúen contido pregravado.

Os equipos poden ser propios ou alugados no Museo. No caso do aluguer, estes estarán dispoñibles no mostrador de audioguías, situado no acceso do Edificio Nouvel.

Radioguías (Transmisor gratuíto para o guía)1,00 €